Aristóteles


Busto de Aristóteles

(- 384 a - 322)

 

A filosofía aristotélica
Despóis de pertencer durante 20 anos á Academia platónica, Aristóteles abandonaráa, trala morte de Platón. Posteriormente creará a súa propia escola, o Liceo, tamén en Atenas, que exercerá unha influencia considerábel no desenvolvemento da filosofía posterior, e de maneira especial, no da filosofía escolástica ao longo da Idade Media.

Que hai en webdianoia sobre Aristóteles

Nas páxinas dedicadas a Aristóteles atoparás, na primeira sección, "Biografía", (á que podes acceder a través da ligazón "Biografía" situada no encabezamento de cada páxina), unha breve exposición dos principais acontecementos da súa vida, na que se salientan algúns dos momentos significativos relacionados coa súa actividade filosófica.

Na segunda sección exponse a relación das principais obras de Aristóteles.

Na terceira sección, dedicada ao seu pensamento, "Filosofía", atoparás unha exposición dos principais aspectos do seu pensamento: lóxica (divida en tres seccións: conceptos, xuízos e razoamentos), metafísica (en catro seccións: a crítica da teoría das Ideas, a teoría das catro causas, a teoría da substancia e do ser en acto e ser en potencia), cosmoloxía e física (en tres seccións: cosmoloxía, a física e a explicación do cambio, e os tipos e causas do cambio), antropoloxía e psicoloxía, teoría do coñecemento, ética (en dúas seccións: a Ética a Nicómaco e as Virtudes éticas e dianoéticas) e política.

Na cuarta sección, "Textos", atoparás unha breve selección de fragmentos de obras de Aristóteles, co obxecto de que poidas recoñecer o seu estilo e familiarizarte co seu vocabulario. Atoparás, ademais, ligazóns a algúns sitios de internet onde se ofrece a posibilidade de acceder gratuitamente a traducións de obras completas de Aristóteles en distintos idiomas.

Na quinta sección, "Exercicios", propoñemosche realizar algúns exercicios, (de tipo test, ou completar frases, etc.), que che poden servir como referencia para unha sinxela auto-avaliación, así como outros exercicios (sobre algún dos fragmentos do autor propostos na sección "Textos") para que poidas desenvolver as túas destrezas na análise de textos filosóficos e na elaboración de xuízos críticos sobre o pensamento de Aristóteles. (Na sección "Como estudar" atoparás orientacións metodolóxicas para a realización de resúmenes, análises e comentarios de textos filosóficos).

Na sexta e última sección, "Curiosidades", ofrécense algunhas anécdotas ou noticias recolleitas na antigüidade ou en épocas recentes, que ilustran algunhas peculiaridades dos tempos nos que viviu Aristóteles, ou algún trazo da súa personalidade, con probabilidade non totalmente alleo ao seu quefacer filosófico.

Polo demais, se tes dificultades coa terminoloxía utilizada por Aristóteles, na sección "Glosario filosófico" poderás atopar definicións dalgúns termos técnicos propios do vocabulario aristotélico.