Selectividade en Galiza

Probas de acceso á Universidade en Galiza

Modelos de exame de filosofía das Probas de Acceso á Universidade (PAU - Bacharelato LOGSE e LOE), e criterios de corrección, en Galiza.

Os documentos atópanse en formato .pdf., polo que se require un lector de PDF para poder acceder a eles. É preciso, pois, que teñas instalado algún dos programas lectores de PDF, (o ofrecido por Acrobat Reader ou o de Foxit Reader, por exemplo), e que podes descargar de balde nas seguintes ligazóns: Adobe Acrobat Reader, ou Foxit Reader.

As ligazóns ás probas de xuño e setembro de 2005 e 2006 levarante á páxina da Comisión Interuniversitaria de Galiza.

Exames, criterios e solucións das últimas convocatorias da PAU, por materias

Textos para o curso 2009 - 2010

Circular sobre a nova proba de Selectividades para o curso 2009 - 2010

Criterios de corrección e avaliación, para o curso 2009 - 2010

Orde do 8 de febreiro de 2008 pola que se regulan as PAAU (en "pdf")

Atención: o modelo de exame pode sufrir modificacións para o curso 2009-2010. As modificacións, en calquera materia que se produzan, comunícanse a todos os Centros de Secundaria e anúncianse nas web das Universidades. Para coñecer as modificacións introducidas no exame de filosofía podes dirixirte á web da Comisión Interuniversitaria de Galicia, e clicar en "Novidades nos Grupos de Traballo" ou en "Grupos de Traballo".


Modelos de exame de anos anteriores

Se desexas obter modelos de exame das Probas de anos anteriores podes dirixirte á sección de Selectividade da Comisión Interuniversitaria de Galicia , onde poderás acceder ademais a toda a información relacionada coas Probas de Acceso á Universidade, así como á normativa pola que se regulan.
As PAU dependen das Universidades. Diríxete a elas para obter información fidedigna sobre todo o que che interesa saber sobre a Selectividade. É a túa responsabilidade e o teu dereito.