Selectividade - Probas de acceso á Universidade

Probas de acceso á Universidade

Sección sobre as Probas de Acceso á Universidade (PAU) nas distintas comunidades e nacionalidades. Ofrecémosche os modelos de exame de filosofía (Bacharelato LOGSE) propostos no ano 2004 e seguintes, en xuño e en setembro, así como os criterios de corrección. Tamén atoparás ligazóns ás Universidades ou Organismos de coordinación das PAU onde poderás obter a información que precisas; ditos organismos dispoñen, ademais, dunha sección con exames de anos anteriores, (de todas as materias e modalidades de acceso, como Maiores de 25 anos, e outros plans de Bacharelato). Por outra banda, supoño que non compre lembralo, as Universidades e os Organismos de coordinación das PAU son as fontes autorizadas en todo o relacionado coa Selectividade, e debes dirixirte a elas para obter información. A información que che proporcionamos aquí é soamente orientativa e pode non estar actualizada.

As Probas de Acceso á Universidade no se contemplan na nova Ley Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), polo que deixarán de convocarse cando se implante totalmente o novo Bacharelato, que segundo os prazos estabelecidos na Lei será o curso 2016-2017. No seu lugar, o alumnado de Bacharelato deberá superar un exame final de carácter estatal para poder obter o título de Bacharelato, co que poderá acceder á Universidade, se cumpre os requisitos de admisión e hai prazas abondo para iso. De non superar o devandito exame, non poderá obter o título de Bacharelato e deberá presentarse a futuras convocatorias para intentar obtelo de novo

Por esta razón, a sección dedicada en webdianoia á Selectividade non seguirá sendo rigorosamente actualizada. Para estar ao corrente das posibles novidades na Selectividade recomendámosvos que consultedes directamente ás seccións de Selectividade das Universidades das vosas respectivas zonas escolares, cuxos enderezos podedes atopar na sección correspondente de webdianoia, a continuación.

Nova Selectividade (curso 2009-2010)

No REAL DECRETO 1892/2008, do 14 de novembro, (BOE do 24 de novembro de 2008), regúlanse, a nivel estatal, as condicións para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao e os procedementos de admisión ás universidades públicas españolas (Selectividade). A Corrección de erros do Real Decreto 1892/2008, de 14 de noviembre, foi publicada no BOE do sábado, 28 de marzo de 2009. A Orde EDU/1434/2009, de 29 de mayo, pola que se actualizan os anexos do Real Decreto 1892/2008, foi publicada no BOE nº 135, do 4 de xuño de 2009.

Só está dispoñíbel en galego a información sobre Galiza.


Información no MEPSYD

Podes consultar desde esta páxina do Ministerio de Educación a OFERTA DE TITULACIÓNS E AS NOTAS DE CORTE, por Universidade ou por Titulación.


O "Espazo Europeu de Educación Superior" é un plan que puxeron en marcha os países europeus para regular en materia de educación a converxencia europea. A súa web nace coa idea de "axudar a todas aquelas persoas que desexen obter unha información básica sobre o EEES, a súa orixe, o seu presente e o seu futuro". Na sección "Documentación" atoparás tanto as Declaracións das Conferencias de Ministros que participaron no proceso de Boloña, como o Documento-Marco do Ministerio de Educación e os Decretos que regulan a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais.

Espacio Europeo de Educación Superior