Currículo oficial de Filosofía en 1º e 2º do Bacharelato LOE

A nova Lei Orgánica para a mellora da calidade educativa (LOMCE) entrará en vigor o curso 2015-16 para 1º de Bacharelato, e o curso 2016-17 para 2º de Bacharelato, polo que seguirá vixente a LOE ata a súa implantación. Na web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte pódense consultar as súas características, o texto da Lei e o calendario de implantación para todos os niveis educativos afectados pola reforma.

O currículo estatal (LOE)

O actual Bacharelato LOE entrou en vigor para 1º de Bacharelato o curso 2008-2009 e regúlase polo real DECRETO 1467/2007, de 2 de novembro, polo que se estabelece a estrutura do bacharelato LOE e fíxanse as súas ensinanzas mínimas. (BOE núm. 266 - Martes, 6 de novembro de 2007). A materia Filosofía I substitúese no novo Bacharelato pola materia Filosofía e Cidadanía, cuxo currículo se presenta a seguir.

Bacharelato LOE - DECRETO 1467/2007, de 2 de novembro, polo que se estabelece a estrutura do bacharelato LOE e fíxanse as súas ensinanzas mínimas. (BOE núm. 266 - Martes, 6 de novembro de 2007). A nova materia común, Historia da Filosofía de 2º de Bacharelato entrou en vigor o curso 2008-2009.


A aplicación da LOE supuxo cambios nos currículos de Filosofía, tanto en 1º como en 2º de Bacharelato.

Se desexas coñecer o currículo estatal polo que se regula o actual Bacharelato LOE, podes consultalo en castelán en formato pdf: REAL DECRETO 1467/2007, de 2 de novembro, polo que se estabelece a estrutura do bacharelato LOE e se fixan as súas ensinanzas mínimas. (BOE núm. 266, Martes, 6 de novembro de 2007). Non esquezas consultar, tamén en castelán, a corrección de erros, coa publicación do horario correspondente ás distintas materias.

O currículo en Galiza (LOE)

Bacharelato LOE - Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se estabelece a ordenación e o currículo de bacharelato na comunidade Autónoma de Galicia. DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 120 (Luns, 23 de xuño de 2008). A seguir presentamos o currículo en Galiza da nova materia común "Filosofía e Cidadanía" (de 2 horas semanais) correspondente ao primeiro curso do actual Bacharelato LOE (Lei Orgánica de Educación), que entrou en vigor o curso 2008-2009.

Bacharelato LOE - Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se estabelece a ordenación e o currículo de bacharelato na comunidade Autónoma de Galicia. DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 120 (Luns, 23 de xuño de 2008). A materia común, Historia da Filosofía de 2º de Bacharelato entrou en vigor o curso 2008-2009.

Ten en conta que os currículos cambiarán cando se proceda a implantar (para o curso 2015-2016) a nova Lei de Educación, coñecida como LOMCE (Lei Orgánica para a mellora da calidade educativa ) cuxos plans de implantación detallados podes consultar ao fondo da páxina do enlace, na web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.