Logo de webdianoia

A Filosofía en webdianoia

En webdianoia atoparás materiais para o estudo da historia da filosofía. É unha web pensada para estudantes de Secundaria, especialmente do último curso, e poderás atopar nela a exposición das principais liñas do pensamento dos autores e autoras tratados, así como a súa biografía, a relación das súas obras e a exposición do contexto histórico en que viviron. Pero hai tamén outras seccións que poden ser do teu interese, como un glosario filosófico cos términos máis comúns en filosofía, unha sección de exercicios, que che poderán servir de referencia para controlar a túa aprendizaxe e fixar os teus coñecementos; ou sinxelas orientacións sobre como estudar filosofía. E outras poucas cousas máis que quizá sexan do teu interese e poderás ir descubrindo ao teu aire, si decides permaner na páxina ou visitarnos de novo no futuro.


Acceso as principais seccións de webdianoia


A revolución copernicana de Kant

Ata agora supúxose que todo o noso coñecer debería rexerse polos obxectos. Sen embargo, todos os intentos realizados baixo tal suposto con vistas a estabelecer a priori, mediante conceptos, algo sobre ditos obxectos -algo que ampliase o noso coñecemento- desembocaban no fracaso. Intentemos, pois, por unha vez, se non adiantaremos máis nas tarefas da metafísica supoñendo que os obxectos deben conformarse ao noso coñecemento, cousa que concorda xa mellor coa desexada posibilidade dun coñecemento a priori de ditos obxectos, un coñecemento que pretende estabelecer algo sobre eles antes de que nos sexan dados. Ocorre aquí como cos primeiros pensamentos de Copérnico. Este, vendo que non conseguía explicar os movementos celestes se aceptaba que todo o exército de estrelas xiraba arredor do espectador, probou se non obtería mellores resultados facendo xirar ao espectador e deixando as estrelas en repouso.

Kant, Crítica da razón pura, Prólogo 2ª ed.

Ir a Kant

O método de Descartes

Pero o que máis contento me daba deste método era que, con el, tiña a seguridade de empregar a miña razón en todo, se non perfectamente, polo menos o mellor que fose no meu poder. Sen contar con que, aplicándoo, sentía que o meu espírito íase afacendo aos poucos a concibir os obxectos con maior claridade e distinción e que, non suxeitadoo a ningunha materia particular, prometíame aplicalo con igual froito ás dificultades das outras ciencias, como o fixera coas da álxebra. Non por iso me atrevín a empezar logo a examinar todas as que se presentaban, pois iso mesmo sería contrario á orde que o método prescribe; pero advertindo que os principios das ciencias tiñan que estar todos tomados da filosofía, na que aínda non achaba ningún que fora certo, pensei que ante todo era preciso procurar estabelecer algúns desta clase e, sendo isto a cousa máis importante do mundo e na que son máis de temer a precipitación e a prevención, crín que non debía acometer a empresa antes de que chegase a máis madura idade que a de vinte e tres anos, que tiña entón, e de que dedicara moito tempo a prepararme, desarraigando do meu espírito todas as malas opinións as que lles dera entrada antes daquel tempo, facendo tamén provisión de experiencias varias, que fosen despois a materia dos meus razoamentos e, por último, exercitándome sen cesar no método que me prescribira, para afianzalo mellor no meu espírito.

Descartes, Discurso do método, 2ª parte

Ir a Descartes